Regresar

Plan Integral de Plurilingüismo

PIPE é un plan flexible e gratuíto que persigue potenciar, mellorar e estandarizar a ensinanza de idiomas nos diferentes centros educativos, actuando nos tres eixos fundamentais da ensinanza: curricular, complementario e extraescolar.

 

 

Obxectivos

  • Lograr que os nosos alumnos consigan titulacións con certificacións oficiais recoñecidas no plano internacional.

 

  • Conseguir que ao finalizar a etapa escolar obrigatoria, os nosos alumnos acaden competencias lingüísticas suficientes para afrontar o futuro.

 

  • Potenciar a calidade e a variedade de idiomas dentro do colexio e así naturalizar a ensinanza e aprendizaxe dos mesmos. Para isto, se deseña un amplo ábano de actividades relacionadas coas linguas extranxeiras.

Implantación no centro

Perseguindo este obxectivo de naturalización e conscentes de que a aprendizaxe de idiomas é un elemento fundamental da formación académica, deseñamos unha serie de proxectos, que consideramos os máis apropiados para os nosos alumnos, encamiñados cara esa potenciación. Estas propostas son dinámicas e iranse adaptando ás necesidades que se vaian detectando a medida que o Plan evoluciona.

Dentro do marco do plan PIPE e co obxectivo de encamiñar todas as actividades de idiomas cara a consecución dos obxectivos marcados, ol centro ofrece aos seus alumnos a oportunidade de beneficiarse tanto da multiactividade como da «Escuela de Idiomas na que se propón o idioma inglés e na que se conta con profesorado bilingüe altamente cualificado na docencia e cun lector nativo ademáis de desenvolverse con grupos reducidos e agrupados por nivel.

Ofrecerase tamén a posibilidade de Certificación Académica a todos os alumnos do centro con TRINITY COLLEGE LONDON e CAMBRIDGE ENGLISH aproveitando, neste último caso, da avantaxe de contar con taxas NSP.

Equipo docente

Ademáis dentro de PIPE, contemplanse outras iniciativas orientadas ao equipo docente, tanto dende o punto de vista metodolóxico, como dende o punto de vista da formación continua en materia lingüística como en cuestións metodolóxicas. Un esfuerzo de adaptación do noso profesorado á nova realidade do centro. Co obxectivo de seguir impartindo unha ensinanza de calidade e con valores.

Ir al contenido