Regresar

Matrículas

O prazo oficial de solicitude de admisión é do 1 ao 22 de marzo, aínda que a partir de xaneiro xa podedes poñervos en contacto coa secretaría do Colexio para recibir información e deixar os vosos datos.

 

Única solicitude

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

Permanencia

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

Renuncia

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Ir al contenido