Autorizacións para saídas do centro
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e toda Educación Secundaria poderá saír do Centro, sen necesidade dun adulto, unha vez rematada a xornada escolar (ou algún dos servizos ofertados polo Centro) sempre e cando traian firmada a seguinte autorización:
Así mesmo, o alumnado de infantil ou primaria poderá ser recollido por diferentes persoas sempre e cando sexan autorizados a través da firma e entrega do seguinte documento:
Dirección do Centro pide o consentimento aos pais/nais ou titores legais para poder facer uso das imaxes nas que aparezan individualmente ou en grupo que con carácter pedagóxico se poidan realizar aos alumnos/as do Centro.
MOI IMPORTANTE: Entregar este documento cuberto a titora o primeiro día de incorporación ás aulas.