Voltar a inicio

TÉCNICAS DE ESTUDO Os xoves de 16:30 a 17:30 impártese a actividade deTécnicas de Estudo para os alumnos de 5º e 6º de Primaria.

Desde o noso centro educativo, coñecemos as necesidades que reclaman os rapaces e rapazas no seu traballo diario para evitar a sensación de fracaso ante os resultados académicos.

É certo, que os malos ou escasos resultados poden deberse a diversos factores: ambientais, persoais, psicolóxicos… os cales varían en cada persoa. Aínda así, coñecer e aplicar unhas técnicas de estudo concretas, creativas e personalizadas é fundamental para todos os estudantes. Polo que, dispoñer dunha boa planificación e organización; traballar a comprensión lectora e análise; potenciar a concentración e a memoria favorecerá os resultados académicos, incrementará a autoestima do alumno e co tempo a súa capacidade de aprendizaxe será máis autónoma e madura.

Podedes consultar estas páxinas para practicar:

http://miscelaneaeducativa.com/estudiar/index2.html

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/aprender/default.htm