Voltar a inicio

O COLEXIO POSSUMUS (cuxo nome, traducido do latín, vén a ser Podemos) inicia a súa andaina educativa con anterioridade a 1970 cando se fusionaron o Colexio Possumus (R/ Purificación Saavedra) e os centros San Luis Gonzaga (Barrio das Flores) e Academia Teis (R/ Sanjurjo Badía).

En 1973 a localización definitiva do novo colexio queda establecida na Rúa Purificación Saavedra, nº 72, onde a entidade mercara a casa e mais a finca do douctor Corbal, que transforma en sede do novo centro educativo, do cal era o titular José Pérez Gallego. Daquela era un colexio privado. Foi a partir de fins dos anos 70 cando se converteu nun centro concertado. A fins de 1983 doce mestres, na sua maioría traballadores do centro, mercan o colexio cando se xubila daquela José Pérez Gallego. Estes mestres constituiranse en cooperativa con data do 20 de maio de 1983, e asumen o centro como tal no curso 1983-84. Dende entón a Cooperativa vai dotando o colexio dunha idiosincrasia propia e transformando a súa imaxe para adecualo ás necesidades e demandas do momento. Así, xa no verán de 1983 acomete a remodelación do edificio engadíndolle unha planta máis e no ano 1996 constrúe un novo edificio anexo para albergar a Educación Secundaria Obrigatoria.

Actualmente a Sociedade Cooperativa Galega “Possumus” está constituída por 16 mestres. Ofrece as etapas de Edudación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria e conta hoxe con máis de 300 alumnos.

Outros datos de interese son:

☺    Xornada continuada

☺    Patios cubertos e zonas de lecer ao aire libre

☺    Servizo de acollida gratuíto desde as 08:30

☺    Comedor

☺    Servizo de tutela de 14,30 a 16,30

☺    Biblioteca con máis de 4.000 exemplares

☺    Laboratorios

☺    Aulas de Informática, Tecnoloxía, Plástica e Audiovisuais

☺    Departamento de Orientación

☺    Gabinete psicopedagóxico

☺    Aula de Apoio, Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica

☺    Reforzo educativo

☺    Actividades extraescolares de tarde (de luns a venres)