O 18 de novembro de 2014 tivo lugar no Centro de Iniciativas Culturais da Universidade de Sevilla( CICUS)  a exposición dos diferentes proxectos pedagóxicos que se fixeron ao longo do pasado curso escolar( 2013-2014) ao redor da figura de Paco Ibáñez.

Estes proxectos educativos están incluídos no marco doutro fermoso proxecto chamado “Vivencias” e que homenaxea a Paco Ibáñez por partida dobre:

Por una banda, festexa os 50 anos que leva enriba do escenario( 50 anos da saída do seu primeiro disco “De Góngora a Federico G. Lorca”) e por outra, o oitenta aniversario deste trobador que exemplifica a dignidade humana.

Con motivo de todo isto, os alumnos de Secundaria do noso colexio( Possumus) estiveron en contacto coa palabra poética ao longo de cinco meses en sesións celebradas os luns na biblioteca central e dirixidas polo poeta, escritor e mestre do centro Antonio García Teijeiro. Obradoiro vivo que os fixo reflexionar, ler, gozar da música e interiorizar o espírito da poesía até conseguir que Paco Ibáñez xa forme parte do seu universo vital.

Todo un luxo!!!

Para máis información: ver enlace ao blog-revista de A.G.T “Versos e Aloumiños”

 

A voz poética dos alumnos de Secundaria escoitouse en Sevilla.